Xastrería da Carqueixa

 

Daniel e Aurora
Daniel e Aurora

OFICIO ARTESÁN. Con este título evocamos o oficio artesán máis popular na Parroquia de San Paio de Fiolledo (Salvaterra de Miño-Pontevedra) no último século XX, vinculado á familia LAMAS.

Comenza co primeiro JOSÉ LAMAS, a finais do século XIX, segue co seu fillo JOSÉ LAMAS LÓPEZ (tío Pepe)  e remata con DANIEL (1917-1998), casado con AURORA ESTÉVEZ GONZÁLEZ de Liñares, meus país e de meus irmáns SITA e PEPE.

Aprendeu o oficio na casa e por correspondencia o método Bosch de Barcelona, onde fixo as prácticas. A época exitosa deste xastre traballador, anos 50-70, espallou por todo o Condado de Salvaterra o dito seguinte:  Se queres lucir un traxe/ do que non ter que dar queixa/vai por dentro destes montes/ onda o Xastre da Carqueixa.

taller xastre 001TALLER DE APRENDIZAXE. Eran moitas as mozas, tamén algún mozo, que viñan aprender o oficio ó taller do xastre e logo traballar para él nas suas casas, onde recibían as pezas de roupa cortadas, listas para coser, e recoller feitas. Tiña “pantaloneras” en Rubiós, o Ravelo, Reguengo, Algrandras, Liñares, Nogueiró, Meder e xastres en Pontareas e Fornelos. Acostumbrouse a vivir na Carqueixa un empleado moi simpático, Evaristo Otero, solteiro, natural de Ponteareas e de familia distinguida, un sobriño Alcalde e dous curas, un párroco de Taboexa e outro agregado na Embaixada en Lisboa.

Na Carqueixa había o meirande número de oficios: xastre, costureira, fiadeiro das Urxeiras, panadería, gaiteiro dos Veigas, Forxa , zapateiro, canteiros, madeireiro, expoñente da especialización racional do traballo no rural.  Decíase que a Carqueixa era un Sabadel en pequeño, sempre con xente á porta.

CARQUEIXA MAMACOMPLEMENTO FAMILIAR. Os oficios satisfacían as necesidades dos veciños á porta da casa, xa que os desplazamentos eran costosos e escasos, deste xeito andando ou en bicicleta facíanse as compras desexadas. Ó mesmo tempo, eran un complemento da economía familiar. A muller cuidaba os fillos, ía as veigas e atendía ós xornaleiros,  mentres o marido quedaba na casa no seu oficio, e cando facía falta tamén botaba unha man. Ese foi o papel que lle tocou facer á familia Lamas da Carqueixa, meus país.

PANADERÍA DO MUXO. Era outro oficio importante na Carqueixa , por ser a única panadería da Parroquia onde, nos anos 40-50 da post-guerra, viña xente dos arredores en busca do pan do “racionamento”.

CHEGAR Á CARQUEIXA

Chegar á Carqueixa dende Liñares, entre un bosque cerrado de piñeiros, era disfrutar dunha paraxe primaria das máis rústicas, agora arrasada para sempre, convertida en plataforma loxística industrial,”Porto Seco” da Zona Franca de Vigo. Por razóns obvias, tamén era o camiño máis paseado por ser en Liñares onde tiñamos a metade da familia, onde había máis clientes e onde miña nai ía cada venres as compras nas Neves.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA1. AS TELLEIRAS. Debido a abundancia de barro na zona pasábase polas telleiras da Mámoa, do Manso, do Coxo, etc. Era outro oficio preto da Carqueixa, unha das poucas industrias rurais, totalmente artesana, coa eira para secar as tellas e ladrillos, unha mesa para amasar e encher os moldes, e forno excavado no chan para cocer (no inverno refuxio dos xitanos trashumantes).

 

i908m1[1]2. ALMIÑAS E CANTEIROS. Ademáis das telleiras, había que pasar por un misterioso monumento, as “Almiñas de Gumaro“, alumeadas por un candil, debaixo dun cobertizo ou baldaquino, e meterse por un medroso camino fundo, ata chegar ó penedo de granito, donde saía un martilleo acompasado do cincel do Cicoque e outros canteriros que arrincaban postes para as viñas.

3. PONTILLÓN E CRUS DE FERRO. Ao seguir atopábamos o pontillón e o regueiro de Gumero coa cruz de ferro, onde se afogara o Parouta. Finalmente quedaba o muiño da Xunqueira e a subida polo xigantesto Cuberto dos da Ponte, o máis grande secadeiro de palla da Comarca.

PORTAL SUAREZ4. PORTAL DO SUAREZ. A continuación ven o Cuberto dos da Ponte, un secadeiro feito de madeira de 5 metros de alto e 20 de largo montado sobre columnas de pasta.  E tamén o Portal do Suárez, un muro en ruinas con portal adintelado e capeado, comprado pola Urxeira a Pepe do Suárez, antes era de Ramón Otero, un prestamista que contaba os cartos por “onzas“.

 

DA PONTE
DOS DA PONTE

BARRIO PEQUENO.  É o segundo barrio máis pequeño, situado ó leste da Parroquia, nun pequeno promonterio entre os vales de Gumaro e do río Mendo,  pero posúe as casas máis típicas.

Á causa da sua orografía irregular, non houbo pista para coches ata os anos 70 e nas enchentes era preciso usar o carro dos bois ata á carretera. Tampouco lus elétrica ata os anos 50, ano das luces . O xastre usaba candil, lus de carburo, quinqué ou velas á caída da noite, pero nese ano, o polifacético empresario de Leirado, Carreirola, ademáis da lus vendeulle un novedoso aparato de radio “PHILIPS”, todo un reclamo para o barrio, pois ao rematar as faenas da tarde caíanse na xastrería tódolos veciños para escoitar as noticias do “parte” e as radionovelas “Ama Rosa”, co disgusto de miña nai, xa que inda traían as tamancas de botar as patatas e manchaban a sala.

 

MIS PADRES - copia
Bautizo dun neto

ÚLTIMA XERACIÓN. Con Daniel rematou a saga de xastres na Carqueixa, foi a última xeración que fixo vida e cultura do campo nas aldeas. Tamén foron dos primeiros en cobrar pensión de xubilación e ter sanidade gratis, despois de moitos anos de duro traballo e difíciles comenzos. Pasaron polo duro trance de ver morrer un fillo, meu irmán con 43 anos, xa casado, pero chegaron a octoxerarios e a bautizar á terceira xeración.

 

con rocho 001NOVAS CULTURAS. Pódese decir que á xente que nos gustan as aldeas somos uns románticos. Sentimos morriña pola aldea onde nos criamos, añoramos o que había de nenos, pero sin ter que vivir diso, claro, nin que cangar os bois, nin labrar á man, nin pasar frío, senón dende un cómodo tractor, con sulfatadora a motor, e casa con calefacción, outra cultura.

                                                                                                                      

ABUELO1FUTURO DAS ALDEAS. A Carqueixa, coma tódalas aldeas, foi un barrio de convivencia solidaria e armónica, onde os vellos eran respetados e rodeados da familia nos seus eidos ata o final, comoTío Pepe do Xastre (na foto), a Urxeira e outros.  As casas e os costumes eran os mesmos que en séculos pasados. Inda non chegara o fume das industrias nin os verquidos tóxicos, os ríos ían limpos, cheos de peixes e usábanse as mesmas ferramentas que truxeran os romanos e carros de tracción animal dos máis primitivos, carros de bois ou do país.

 

 

URXEIRA II
A URXEIRA COS BISNETOS ÓS 100 ANOS

ALDEAS PRA ROMÁNTICOS. É certo que sempre haberá románticos das aldeas, porque as aldeas foron fonte creativa de imaxinación popular, da que naceu o noso rico folclore, sinal de identidade da cultura galega. Tamén porque somos fillos da natureza, predispostos a sentir emoción con outras formas de vida, descubrir o de antes e comer do que se planta ou sementa. Pero tamén quedarán aldeas  desertas, orfas ou colonizadas por xente foránea, sen arraigo, folgazans do campo, que xa non farán uso dos camiños de terra, convertidos en pistas asfaltadas, e irán sempre en coche, non por carreiros antre o millo. Nas encrucilladas estarán os espantallos dos contenedores de plástico, remedo das enxebres estántigas. Cada quen fará vida dentro dos seus confortables “chalets”, rodeados por luxosos muros de cantería. Ós vellos non haberá quen os atenda, irán a parar a residencias de maiores. ¡Era visto!

20160326_140848-1.jpgDE XASTRERÍA A MODERNO CHALET. Sobre os cimentos da antiga xastrería, inaugurada en 1947, miña irmán SITA, destinada a ser filla vinculeira, por ser a única muller, quedou coa propiedade e restaurou a casa-taller nun confortable chalet con calefacción, como mandan os signos dos tempos. Do antigo só queda o recordo nuhna placa-azulejo pegada na parede. AZULEJO

En resume, si fai moito tempo que non pasa pola Carqueixa non pense que entra nun eido privado, o camiño público, agora asfaltado, é o mesmo, pero as casas cambiaron e os oficios perdéronse.

 

–oo0oo—

 

 

Anuncios

Un comentario en “Xastrería da Carqueixa

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s