Fiolledo solar dos Avalle

 ORIXE DO APELIDO

SEÑORIO DE FIOLLEDO

Históricamente este territorio foi xurisdicción dun Soñorío, representado pola familia Avalle. No mes de decembro do 2008 descubriuse un monolito no centro da Parroquia, donado pola Asociación de Vecinos A Lucerna, en recordo da orixe deste apelido, logo espallado por toda España e Hispanoamérica, como demostra a Historia.

Os primeiros Avalle formaron parte da nobleza militar enviada polos Reis Católicos a tódolos reinos tras a unificación, para control fronteirizo, administración de xusticia contra os abusos dos fidalgos locais e manter a moral oficial, exercendo de Familiares do Santo Oficio, auxiliares do Tribunal da Inquisición. Instalaron a sua base nunha grande facenda agrícola na ladeira Leste do Monte Castelo, onde construiron o seu pazo con capela propia e tiñan a distinción de Señores de Fiolledo, título transmitido ós primoxénitos por liña masculina.

CAPILLA BLASONADA DOS AVALLE
Capela blasonada dos Avalle

Casa Infantada. O historiador Juan de la Puente, no ano 1506, di: “A Casa Infantada de Fiolledo, solar dos AVALLE,  é a sexta máis antiga dos solares de España. O primeiro Avalle soa a lenda relacionada coa Guerra dos Cartaxineses e Romanos, século I a. C. “Rematada a Guerra, un dos capitáns, LÍSIDAS ou LISTAS, quixo percorrer España, e ó chegar ó río Miño, recoñecendo o bo temple da terra, fundou no enclave de Fiolledo o seu SOLAR” (Arquivo  de D. Luis Grau, descendente desta familia). Seguindo o mesmo relato, xa no ano 1084, o Rei Alfonso VI elixe Capitán General a un descendente, ALVARO DE LISTAS, para loitar contra os mouros na batalla do Val da Serra, límite entre Asturias e Galicia. Trala victoria, quedoulle “señor do Val” . Dende entón, foi coñecido polo alcume de “A Val”, “AVALLE”, “O VAL”, etc. e como apelido para él e a sua descendencia. Tamén se lle atribúe descendencia de Fernando III o Santo.

AVALLES CÉLEBRES:  D. GREGORIO DE AVALLE, fundador do Pazo e Capela e do Barrio que leva seu nome, como reza na inscripción “GREGORIO DAVALLE CASTRO LOBERA CAPITAN DE SU MAGESTAD FAMILIAR DEL SANTO OFICIO MANDO FAZER ESTA CAPILLA POR SU DEVOCIÓN” . D. BENITO ANTONIO DE AVALLE, militar, morto na batalla de Rande contra a flota anglo-holandesa, o 26 de Xullo de 1702. Enterrado en Santiago.  D. MANUEL MARÍA AVALLE CERVELA SARMIENTO, Presidente da Xunta Apostólica Carlista de Galicia, no ano 1840.

 

 TRONEIRA DEFENSIVA
Troneira defensiva

POLVORÍN CARLISTA. Con él ocurreu no Pazo un dos episodios máis curiosos: O día 3 de Abril de 1838, refuxiouse nel o famoso guerrilleiro carlista “Guillade”, mezcla de héroe e bandoleiro, perseguido dende Tui por 24 soldados realistas. Este pazo tamén serviu de polvorín na Guerra Carlista, por esta razón plantáronlle lume , e “os sitiados apagárono co abundante viño que tiñan nas súas adegas” (dito polo historiador Gerardo Alvarez Limeses). Os soldados realistas fuxieron en retirada e metéronse na casa Rectoral, producíndose un combate, do que resultou ferido nunha perna o Sr. Abade, D. Francisco Muñoz-Conde Rabuñade, según deixou escrito no libro parroquial  (Arquivo Diocesano- Tui)

ÚLTIMO PATRIARCA. O último patriarca do Pazo e do “Señorío de Fiolledo” foi D. JOSE MARÍA AVALLE PEREIRA DE CASTRO MARIÑO DE LOBERA E SOTOMAYOR, casado coa sua prima Dª RAMONA PEREIRA DE CASTRO, natural de Reboreda.

Imagen2panteon PontÉl finou no seu solar de Fiolledo, o día 8 de xaneiro de 1880, ós 79 anos. Ela xa finara en Ponteareas uns anos antes, o día 8  de abril de 1871. Como correpondía a sua dignidade,  na comitiva ó cemiterio, D. José María foi acompañado por 20 señores sacerdotes e deixoi disposto que se lle dera esmola a 12 pobres da parroquia de Salceda e Fiolledo, seus últimos fogares. Tamén foi o último que fixo uso do privilexio que correspondía ó primoxénito, o título de Patrón Presenteiro. Tratábase dunha dignidade relixiosa vinculada ós señoríos que lles otorgaba a facultade de nomear párrocos e construir igrexas nas parroquias comprendidas nas súas terras. Así se explica que fosen Párrocos de Fiolledo prestixiosos curas, como D. FRANCISCO ANTONIO MUÑOZ CONDE ALFAYA Y RABUÑADE e  D. BALTASAR  ALVAREZ RIVERO, natural de Fornelos de Montes e anteriormente lector da Parroquia de Cedeira en Redondela.

MAXESTUOSOS SEPULCROS. Da capacidade económica e señorío deste matrimonio dan proba os maxestuosos sepulcros labrados en pedra, moldurados e cimados de escudos heráldicos, representativos dos seu rango familiar, que están no adro da Igrexa de Fiolledo e no cemiterio municipal de Ponteareas, respectivamente.

ESC-PONT4 ESCUD AVALLE Os símbolos heráldicos dos escudos que coroan estes monumentais sepulcros son a escolma das numerosas familias nobiliarias que lles precederon, por tanto, son o último anel dunha longa cadea de parentes extendida por todo o sur de Galicia e raia portuguesa (Lobera, Pereira de Castro, Troncoso, Mariño, Correa, Suárez de Puga, Araujo, Sarmiento, etc. No centro destes escudos está o brazo armado sainte símbolo dos Avalle. Levan como tenantes a serea dos Mariño, a águia dos Correa e coroa do Señorío de Fiolledo.

AUXE E DECADENCIOA. Despois destes, ningún outro familiar mantivo rango de nobleza, nin fixo obras nin deixou letreiros do seu paso. Repartiron o Pazo e a finca entre os irmáns,  menos a Capela que lles quedou pro indiviso, quitaron o vello tellado de grandes tellas do país de 60 cms de longo e engadiron enriba das paredes pacegas  construccións impropias de ladrillo, fixeron duas casas menorees arredor e buscaron a vida fora de Fiolledo. Nin quedou constancia deste apelido para o futuro, foise perdendo ó ser mulleres tódolos herdeiros.

OS SEUS FILLOS. Tres mulleres e un home,  Dª MARÍA ANTONIA AVALLE PEREIRA DE CASTRO, Dª FILOMENA, Dª SOCORRO, e D. MANUEL. A primoxénita  herdou o Pazo, pero máis que un privilexio  foille unha pesada carga. Casou con un veciño de Parderrubias, RAMON CABALEIRO NOGUEIRA e tiveron tamén duas mulleres, Dª ELISA CABALEIRO AVALLE e Dª RAMONA, que igualmente casaron con mozos do campo ou xornaleiros, condenados á vida de aldea. Dª ELISA, muller moi piadosa, casou con  ANTONIO MARTÍNEZ PÉREZ “o Roquete” de Fiolledo, home moi traballador, pero tivo que emigrar a América para desempeñar a metade da finca, que lle tocara a  Dª RAMONA. Ésta casou e marchou a vivir ó Pazo da “Paxariña” en Salceda, e máis tarde venderono por problemas económicos.

CABALLERO-AVALLE
Familia caballero  Avalle

PARENTESCO  COS CABALLEROS. As irmáns, Dª FILOMENA e Dª SOCORRO, emparentaron cos CABALLERO de Ponteareas, xente de carreira, que deu estudios ós seus fillos e viviron fora da aldea. Destes, no presente, figura como ilustre descendente dos Avalle, D. ABEL CABALLERO ÁLVAREZ, Alcalde de Vigo, Catedrático de Universidade e antigo Ministro de Transportes. É neto do notario D. ABEL CABALLERO AVALLE, e díxonos que recorda perfectamente as súas agradables estadías no barrio de San Gregorio de Fiolledo, cando de neno visitaba aos seus avós. (Prestouse a inaugurar o monumento ós seus antergos como se ve na foto da cabeceira). En canto ó título do Señorío de Fiolledo foise transmitindo por liña de varóns e actualmente  corresponde ó xoven JUAN CARLOS CABALLERO ALONSO (neto do coñecido Juan da Lus “Rachapedras”.  

 SEÑORÍO DE FIOLLEDO

DON JOSE Mª AVALLE PEREIRA DE CASTRO    c c      Dª RAMONA PEREIRA DE CASTRO     Segue o titulo de SEÑOR DE FIOLLEDO .  Foron casados con dispensa por ser primos.

Primeira Xeración

O título, anque hoxe honorífico, segue a transmisión hereditaria por liña de varón.

  1. Dª Mª ANTONIA AVALLE PEREIRA DE CASTRO, herdou Casa Paterna e ¼ da Capela.
  2. Dª FILOMENA AVALLE PEREIRA DE CASTRO, herdou un quiñón da finca
  3. Dª SOCORRO AVALLE PEREIRA DE CASTRO, herdou un quiñón da finca
  4. MANUEL AVALLE PEREIRA DE CASTRO, solteiro, herdou un quiñón e o título  de  “SEÑOR DE FIOLLEDO“, que transmite ao sobriño varón (ver 2.1)

2. Dª FILOMENA AVALLE PEREIRA DE CASTRO  c c  D. INDALECIO CABALLERO SERODIO fillo do Tte. Coronel de Inxeneiros D. IGNACIO CABALLERO PACHECO  falecido en Ponteareas o 3-6-1857. Deste matrimonio nace o primeiro herdeiro varón, a quen lle corresponde o SEÑORÍO:

Segunda  e Terceira Xeración

2.1. D. ABEL CABALLERO AVALLE, Notario en Ponteareas, herda o título SEÑOR DE FIOLLEDO   c  c    Dª DOLORES MOURE RODRÍGUEZ DE BUTRÓN, da nobleza de Ponteareas

2.1.1.: INDALECIO CABALLERO  MOURE, depositario da documentación do Mayorazgo e SEÑOR DE FIOLLEDO  c  c  GLORIA QUINTEIRO  ALONSO, irmán dos célebres escultores Alfonso e Benjamín Quinteiro.

Nace:  ABEL-JAIME CABALLERO QUINTEIRO, SEÑOR DE FIOLLEDO_c.c._DELIA  ALONSO  Sucede: JUAN CARLOS CABALLERO ALONSO, neto do coñecido “Rachapedras”, herda o título de “SEÑOR DE FIOLLEDO

2.1.2: ABEL CABALLERO MOURE  c.c.  JOSEFINA-MANUELA ALVAREZ GONZÁLEZ        Nacen:  JOSÉ MANUEL, GONZALO, DANIEL, ABEL e JUAN

ABEL CABALLERO ALVAREZ, actual Alcalde de Vigo dende 2007   c.c.  CRISTINA ALONSO VAZQUEZ Naceu en Ponteareas o 2-9-46, bo estudiante, delegado estudiantil nos anos 70,  Oficial da Marina Mercante con 20 anos, Catedrático de Universidad aos 30, Doutor e escritor. Antes de cumplir os 40 foi designado Ministro polo Presidente Felipe González.

—oo0oo—

 FIOLLEDO NA HISTORIA

LUCERNA1.-LUCERNA ROMANA. A primeira referencia histórica témola no achado dunha LUCERNA romana, século I-II d.C. gardada no Museo de Pontevedra. Unha ben cuidada peza de bronce ou candil, con asa en forma de cabeza de pato, exemplar único nestas latitudes, da que existen otros iguais en Roma, nas ruinas de Pompeya e Herculano. Esta peza puido vir dunhas fundicións romanas que houbo na Lusitania. A xulgar polo bo estado de conservación, non debeu quedar enterrada, nin é de extrañar que estivese alumeando ó lado da “gramalleira” dalgunha cociña labrega ata ben entrado o pasado século XX , cando a única fonte alternativa de enerxía era o gas petróleo ou alcohol da aguardente da zona.

LUCERNA jpgEstá catalogada co número 7, na vitrina da romanización, tal ves procedente dalgún xacemento da ladeira Leste do Monte Castelo de Fiolledo, nun castro e asentamento romano das tropas de Décimo Junio Bruto, “El Galaico”, que avanzaron dende a desembocadura do Miño ás Médulas (Monte Furado), en busca do ouro que había no cauce dos ríos. Na ficha do arquivo de Pontevedra non consta o sitio exacto de Fiolledo onde se atopou,  só que foi levada ó museo de Pontevedra e donada por JUAN ANTONIO NOVÁS GUILLÉN, Inspector de Ensino Primario, no ano 1952.

2.-PARROQUIA MILENARIA. Como núcleo de poboación, con entidade parroquial e social propia, figura na historia nun Privilexio do rei de Galicia Bermudo II, do 24 de maio do ano 991, no que se dí que cede á Igrexa Compostelana o Señorío e Valle de Salvaterra (antes Lacedurio e Lazoiro), que comprende Fereixenedo, Santolovari (Soutolobre) Asantey (Arantei), Finulieto (actual Fiolledo), etc.

Este topónimo provén do latín “Fenum” nome dun vexetal (logo finulietum, fionllo (hinojo en castelán, fiuncho en galego, do que abonda nas nosas terras).

O interese por doar terras á Igrexa Compostelán produciuse tralo descubrimento do sepulcro de Santiago no ano 814, e co fin de repoboar con xente cristián trala expulsión dos mouros, que invadiron a Península no ano 711, anque en Galicia pocuos entraron pola dureza do clima.

SAMPAIODende ontón, o modelo de convivencia e administración fíxose conforme a directrices cristiáns. O templo e finca rectoral virían moito despois, e a igrexa, anque pequena, aumentouse trala grande reforma de 1927-29, como figura na clave do arco da porta de entrada, da que inda queda a grande porta de madeira con clavos de bitoque de ferreiro e cor verde, semellante á cor do portón da Catedral de Santiago.

En canto ter coma Patrón San Paio, tal ves fora pola proximidade no tempo co martirio do adolescente Pelayo de Alveos, que pertence á nosa Diocese, feito ocurrido no ano 925 na corte granadina de Abderramán III, e que conmoveu a toda a cristiandade.

BOISANOS ESCUROS .  Como en tódalas aldeas de Galicia, Fiolledo pasou os longos e escuros anos da Idade Media, e comenzos do século XX, sumida nunha pobre e rutinaria economía de autosuficiencia agropecuaria, ata os nenos eran aproveitados para axudar. Pero  as carencias aguzaban o inxenio sempre creativo, non era xente aburrida ou deprimida, como mostra a variedade do rico folclore (seráns, fiadeiros, malladas, matanza do porco, sinxelas festas con gaiteiros, etc.) tan valorado agora en época do desenrolo tecnolóxico e  sociedade de consumo.

3. TREBELLOS INDUSTRIAIS

A industria rural, para cubrir necesidades primarias, fíxose a base de trebellos domésticos, como TEARES para facer panos e roupa, MUIÑOS para facer fariña, etc. O liño nacía nas veigas e seguía un longo proceso ata chegar ao tear. No século XVIII chega omillo da América e comenzó o cultivo extensivo deste cereal, surdindo así una modesta industria de transformación cos muiños de auga, aproveitando este  recurso natural á man. Hoxe só son útiles para percorrer roteiros de sendeirismo e admirar este verdadeiro invento humano

Plano dos muiños en rea na cunca do rio Mendo visto dende as Chans
MUIÑ GUM 4
O que queda do muiño do Cabano

4. RIO MENDO. En Fiolledo tiñamos a riqueza da auga do Rio Mendo que atravesa a Parroquia e o regato de Gumaro. Por tanto, montouse un conxunto de muiños en rea, partindo da levada das Cerdeiras, que subía un brazo de auga á cabeceira das veigas para regar e para mover o rodicio de cinco muiños, cos seus trebellos, hoxe en lamentable ruina. Nin quedarán reboutallos para ver as futuras xeracións.

5.-DESPERTAR DA EMIGRACIÓN. O escritor Lucas Labrada na sua “Descripción Económica de Galicia (1804 ) comenta: “Os infelices labradores obrigados a pagar as RENTAS e os servicios reais, saían tódolos anos por abril ou maio a gañar un xornal ós reinos de Castela, e volvían por agosto para facer a sua triste colleita, pan de millo ou centeo, berzas, sin hora de acougo, descalzos e sen nada seu, pois ata os bois de labranza eras dos señores das terras”.

CASAS DE INDIANOS

DE FRANCISCO
Casa dos Méndez ano 1848
CASA SR. PERFECTO
Casa Sr. Perfecto 1924

A emigración maioritaria foi á Arxentina . A primeira Asociación de Emigrantes de Galicia fúndase en Bos Aires no 1790. Di o Frade Juan de Castro en carta ós seus compañeiros de Herbón “En esta ciudad la mayor y más poderosa nación son los gallegos, destacados por la ayuda que se prestan“..

PANTEON COELLOS

Os emigrados nunca esquecerían a sua terriña. Coa nostalxia de Galicia fixeron Centros de reunión para manter o recordo e as vivencias que das suas aldeas. Os primeiros aforros eran para construir na sua aldea casas de pedra e planta alta,  chamadas Casas de Indianos, como se ve nesta foto da casa máis antiga da Parroquia, 1848, vinculada á familia dos MENDEZ. Tamén a do Sr. Perfecto, onde había a tenda do Burguete, feita polo pai da sua dona, a señora Socorro, MANUEL RODRÍGUEZ PUENTE en1924. Levantan no cemiterio sepulturas, con lápidas de pedra tallada e rotuladas cos nomes dós seus seres queridos, artísticas esculturas, antes só reservadas a xente da nobleza. No noso vello cemiterio inda queda a de Josefa Méndez, 1923, recordo dos seus fillos, outra de Josefa Vidal Durán e José Martínez Alonso (1917 e 1923), recordo dos seus herdeiros.

DA MAESTRA6.- ASOCIACIONISMO AGRARIO.  Apenados polo atraso cultural e económico da sua Galicia natal, trataban de axudar e ser solidarios coas suas Parroquias, primeiro de forma particular. Deste xeito e con esta axuda, empezouse a construir esta casa, no barrio do Burguete a comenzos do século XX, en terreo  de DOLORES PEREZ CERDEIRA, e inscrita ó seu nome, cuñada de Mariño.

 

Tío Pepe
Tío Pepe
D. Jesús Barja
D. Jesús Barja

Proxecto de Casa-Escola. Parece que o fin desta casa era para local da Sociedade Cooperativa Agraria, con MANUEL MARIÑO MÉNDEZ,  veciño da Salgosa, de presidente, tesoureiro JOSE LAMAS, tío Pepe, xastre da Carqueixa, pero non chegou a funcionar, pasando a poder do Axuntamento en 1929, en lamentable estado de ruinas. Tentaron convertila en Casa-Escola, pero o proxecto non foi aprobado. Finalmente, en 1949 compróuna en subasta D. JESUS BARJA VAZQUEZ, marido da mestra Dª ADELAIDA, e convertiuna en vivenda da sua familia.

Neter,2º izq. sentado. Ramón do Muxo arriba con bigote
Necter, 2º izquierda sentado. Ramón do Muxo detrás con bigote, no 80 Aniversario

ACCIÓN COLETIVA. Seguros de que todo esforzo individual era estéril e que a acción colectiva era poderosa, no ano 1921 os emigrantes fundaron a “Unión Progresista del Distrito de Salvatierra de Miño en Buenos Aires”, reunidos no número 694 da populosa rúa Belgrano, con local na Chacabuco, 955.  Os fins eran desenrolo das capacidades intelectuais e mellora do nivel de vida nas Parroquias, mediante Escolas e Acción Cooperativa.

O primeiro  presidente foi D. MANUEL PUENTE, e delegado por Fiolledo JOSÉ IGLESIAS e JOSÉ OLIVEIRA. Aproveitando o espíritu reformador e creativo de veciños, especialmente en materia agrícola, elixiron como enlace en Fiolledo a Manuel Mariño, co encargo de construir unha Casa-Cooperativa en Salvaterra e crear a Socieade Agraria, onde recoller e comercializar os productos agrícolas excedentes. Pero tamén resultou un proxecto frustrado coa chegada da Guera Civil, a casa xa rematada foi utilizada na post-guerra pola nova Administración como “Casa Sindical” e na actualidade está nun lamentable estado de abandono, pois a titularidade corresponde á Asociación de Emigrantes de Salvaterra na Arxentina, que, polo que sei, de bo gusto desexa transferila ó Concello de Salvate4rra, sen que ata agora se chegase a un acordó.

PÁRROCOS E MESTRES

Unicas institucións cultas nas aldeas, que formaron un tándem colaborador en materia educativa, cando en Galicia había máis dun 40% de poboación analfabeta, nin había escolas públicas nin o ensino estaba prestixiado, os paisanos labradores pensaban que era tempo perdido, polo que os nenos só ian á escola no inverno, a media xornada.

CASA DUN CURA. Pola su traza arquitectónica e ter una crus no cumio (agora tapada polas hedreiras), a crenza popular é que ésta foi casa privada dalgún cura. No arquivo diocesano consta que  foron curas nacidos e veciños da Parroquia no século XIX Fray Lorenzo Puente, franciscano exclaustrado do Convento de San Francisco de Tuy, D. Agustín Rodríguez Pereira, teniente cura, e  D. Joaquín Domínguez.

CASA DE CURASSabemos que o último propietario foi o Sr. Joaquín Domínguez, coñecido como Joaquín de Leopoldo, casado con tía Pilar Rodríguez Méndez, sendo herdeiros actuáis da casiña dez sobriños desta última e do resto do eido foron os Pereiras, polo que algún dos citados curas puido ser ó que fixo a tal casa.

 

 

PEREZ REDONDO
D José P. Redondo

ÚLTIMOS CURAS PÁRROCOS que residiron na nosa Casa Rectoral: D. BALTASAR ÁLVAREZ PIÑEIRO, dende 1894 a 1926 (32 anos). Era natural de Fornelos de Montes e está enterrado no noso cemiterio, coa sua nai.  D. JOSÉ PÉREZ REDONDO, Párroco de Oleiros, encargado de Fiolledo, dende 1926 a 1976 (50 anos). Era natural de Tui, onde finou, e xace enterrado no cemiterio de Randufe.  D. MANUEL DE SANTIAGO GONZÁLEZ, dende 1976 a 1992 (26 anos). É natural de Goian e foi o último cura que viviu, coa sua familia, na Casa Rectoral. Dende entón está deshabitada e os párrocos que lle sucederon  (5 en 15 anos), viven fora.

PRIMEIRO MESTRE NACIONAL, con escola en propiedade, foi DON MANUEL LEDO GROVA, no ano 1928, daquela inda mestre de nenos e nenas.

LIENZO

1ª Escola de nenas
1ª Escola de nenas

ESCOLA DE NENAS. No ano 1932, sendo Alcalde de Salvaterra D. MANUEL MARIÑO MENDEZ, creouse a Escola de Nenas nesta casa particular da Salgosa que él alquilou o seu dono Sr. Piñeiro. Foi a primeira mestra Dª MANUELA ALEJANDRO TRONCOSO, e dende entón, sempre houbo duas escolas, unha para nenos e outra para nenas, ata o ano 1974, coa implantación da E.G.B., supresión das Escolas Unitarias das aldeas e facer a Escola Concentrada en Salvaterra.

ÚLTIMOS MESTRES foron: D. ABEL GONZÁLEZ MÉNDEZ, natural da nosa Parroquia, veciño do barrio do Burguete. Mestre de nenos.  Xace no seu panteón do noso cemiterio. Dª ADELAIDA MIRANDA RODRÍGUEZ, mestra de nenas. Era natural de Porriño e afincada, coa sua familia, en Fiolledo, dende 1936 ata 2003, en que finou. Tamén xace tamén no seu panteón do noso cemiterio.

PRIMEIRA CASA CULTURAL

CASA CULTURAMONOLITO 007

Nunca tivemos nin Centro Escolar nin Social nin Cultural, sempre foron casas ou locais particulares alquilados, o patio era o propio Souto e a “carretera”, ata o ano 1988, en que o Concello de Salvaterra, construíu a Casa Cultural. O ano 2008 conmemorouse o XX Aniversario, cunha placa de bronce, que descobre a teniente-alcalde, MARTA VALCARCE. Con este feito, a Asociación de Veciños “A Lucerna” quere deixar constancia e agradecer ás Autoridade que a fixeron posible.

FERRON5A FIGURA DO  ALCALDE MARIÑO. Home culto, amante da lectura e  dunha ben cuidada caligrafía, cousa pouco corrente, tal ves fora á Escola da Fundación benéfico-docente do teniente coronel retirado D. José González de Oleiros. Mariño dende ben mozo mostrou inquietudes sociais, tanto por crear escola como por redimir a miseria da aldea. No ano 1929, xunto con outros veciños, tentaron que a casa da Cooperativa agraria, que non chegara a ser rematada, fose trasnferida ó Axuntamento para convertila en Casa-Escola, tamén comprometéuse cos movementos agraristas de principios do século, vinculados a ideoloxias de esquierda, chegando a ser enlace da Unión Progresista de Salvaterra de Miño na Arxentina.

Á chegada da II República, presidiu a Comisión Constituinte do Concello de Salvaterra e foi elixido Alcalde. No seu mandato fíxose a Ponte de Ferrón e promoveu a Escola de Nenas, no ano 1932. Tal ves foi quen donou a Lucerna Romana de Fiolledo para o Museo de Pontevedra, a través do Inspector de Ensino D. JUAN NOVÁS, co que tivo relación persoal, cando presidiu a Xunta Local de Ensino en febrero do ano 1932.

A Guerra Civil. Ó declararse a Guerra Civll sufriu as consecuencias, xa que como Alcalde tivo que asumir a presidencia do Comité Local de Defensa da República e levar a cabo accións, cumplindo órdes superiores, polo que foi encausado no funesto Sumario 301/36, dos condenados a pena capital, no que tamén figuraba o seu Teniente Alcalde JOSÉ DOMINGUEZ GONZÁLEZ, fusilado no Castro de Vigo o día  24-2-1937. Era veciño de Corzáns, recén chegado da emigración en Arxentina, onde formara parte da Directiva da Unión Progresista de Salvaterra.

Exilio do Sr MARIÑO. Polo seu talante moderado e sen delitos de sangue, axudárano a pasar a Portugal e sair para o exilio os propios falanxistas locais, Carlos Suárez Orge e o médico de Arantei Arturo Queimadelos, nos primeiros días do mes de agosto do 36. No ano 1947 Mariño acolléuse ó indulto de Franco para retornar á Salgosa, onde levou unha vida retirada e respetado. Faleceu en 1972 ós 90 anos . O seu fillo Pepe, afillado  do xastre da Carqueixa,  morreu no Frente, oficialmente por enfermidade no hospital de Bilbao (Libro “O ruido da norte” de Miguel Rodríguez gallardo, ed. do Castro 2006).

Reconciliación. Foi exemplarizante saber que o Sr. Mariño, estando enfermo, pouco antes de morrer, prestóuse a facer as paces entre él e o cura, D. José Pérez Redondo, párroco de Fiolledo, a quen tentaran prender os milicianos do Comité de Defensa da República de Salvaterra no ano 1936. Non o conseguiron porque fuxira de paisano polo coto da Asunción á Cristiñade, onde vivía o mestre Ledo, seu amigo, acompañado da Sra. Teresa Tielas, simulando ser un matrimonio que levaban un neno ó médico. Gracias a este xesto xeneroso por ámbalas partes, administóuselle a Extremaunción e foi enterrado en sagrado no seu panteón do noso cemiterio, pois naqueles tempos había o cemiterio civil en Salvaterra.

FERRON LETRPONTE DE FERRÓN. Tña gravado nunha das pedras do pretil o letreriro conmemorativo da República, e ó rematar a Guerra as novas autoridades déronlle volta para que non se vira. Como se mantiña este recordó na memoria dos vellos, recentemente, no ano 2014, membros da Asociación de Veciños “A Lucerna”, rascando nas pedras descubriu a incripción e limpouna, para rescatar  este feito histórico.

SINDA 2HOMENAXE A SUA FILLA. No día do Patrón, San Paio, do  2008, a Asociación de Veciños “A Lucerna“, seguindo a tradición de homanaxear ós máis vellos da Paroquia, tocoulle á filla do Sr. Mariño, RUDESINDA (Sinda), que cumplira 85 anos, entregándolle un ramo de flores e título de “Veciña Distinguida”. Con tal motivo o presidente da Asociación foina visitar na casa e facerlle algunhas preguntas da sua biografía. Ó tocar ás vivencias da Guerra, mudou de semblante, púxose triste e preferiu non falar. Pasados uns intres só me dixo que era unha nena de 13 anos, estaba asustada, coa sua nai, e de pronto presentáronse no eido uns homes armados, enfurecidos, e ó non atopar ó seu pai, revolveron todo sen meramentos, levando ós poucos viveres, animais domésticos e o cabalo “princesa”. Elas chorando quedaron a mercede da caridade dos veciños.

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS

ESCUDO PARROQASOCIACIÓN DE VECIÑOS “A lucerna“. Na Parroquia sempre houbo xente nova comprometida en actividades dinamizadoras da vida social e festiva. No mes de maio do ano 2006 creouse a Asociación de Veciños, co nome de “A Lucerna“, de carácter socio-cultural. Nos primeiros oito anos de mandato adicou unha destacada parte da sua actividade a actos culturais,

1. Escudo representativo da identidade da Parroquia, creado seguindo as normas da Heráldica:  Forma rectangular, armas dos Avalle sobre fondo azul, productos máis típicos -o millo e as uvas- sobre o fondo verde de Galicia, e na punta a palma do martirio de San Paio sobre fondo roxo.

2. Exposicións de fotos antigas, aportadas polos vediños, da historia das Escolas Unitarias que houbo na Parroquia, creación dun arquivo histórico con libretas da Escola dende 1928, documentos e una Historia da Parroquia fruto de investigacións feitas polo Presidente da Asociación.

3. Día das Letras Galegas , con romaría de música, lecturas e merenda no alto de Fiolledo diente do Pazo e capela dos Avalle.

4. Veciños Distinguidos, homenaxe os maiores de cada ano, o día do patrón San Paio , con entrega dun Diploma, un ramo de flores e un video relativo as súas vidas.

Veciños Distinguidos Entrega Antonio Alonso Fontán Poeta do Condado
Entrega o Diploma Antonio Alonso Fontán, poeta do Condado
CENA DOS HOMES DA PARROQUIA
Cea dos homes da parroquia
FESTA DOS CALLOS
Festa dos callos no Souto

 

FAMOSAS TIRADAS DE FOGO
Famosas tiradas de fogo
ENTRA A MUSICA
ENTRADA DA MUSICA
Alcalde inaugura exposición de fotos
Alcalde inaugura exposición de fotos
FIOLLEDO8 001
Aula Informática-Internet

Limpar entubar mina do Souto

Entubar mina do Souto

CALVARIO RESTAURADO
CALVARIO RESTAURADO
Fonte no adro da Igrexa
Fonte no adro da Igrexa
Día das LL.GG. no Pazo dos Avalle
Día das LL.GG. no Pazo dos Avalle
Maldito lume na Parroquia
O maldito lume na Parroquia
Romaría e comida de campo
Romaría e comida de campo
San Benito de Angoares 1962
San Benito de Angoares 1962
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s