Marco dos catro abades

VALLE
                Ó fondo explanada da PLISAN dende o alto de Fiolledo

No val do rio Xuliana, entre As Neves e Salvaterra, acometeuse unha descarnada escavación para construir a PLISAN (Plataforma Loxística Industrial Salvarerra Neves), antes utilizada para sacar barro e coios ata os miolos da terra, que deixaron á lus do día restos arqueolóxicos, como unha especie de forno fenicio e formas esféricas de barro, con feitura de mamas, que deron os topónimos mámoas da Salgosa, mámoas do Pazo, San Pedro da mámoa, telleiras da mámoa, etc. Tamén fixeron recordar pedras case esquecidas, coma o Marco dos Catro Abades e as Almiñas de Gumero.

MARCO 4 ABADES

O Marco é un bloque de granito silvestre, con catro caras marcadas coas letras iniciais de catro parroquias, Liñares, Tortoreos, Meder, Fiolledo. Falamos, pois, dun sinal divisorio da primitiva xurisdicción eclesiástica, anterior ós modernos lindes virtuais do catastro municipal. A ubicación orixinal estaba na bucólica paraxe da Fonte dos Porcos, pero fai uns anos desplazárono uns 500 metros ó monte da Carboeira, por mor das obras.Según contan os máis veteranos, por oirllo aos seus avós, neste eixe divisorio, en tempos da Galicia máxica, xuntábanse cada Domingo de Pascua os catro abades das devanditas parroquias, ao remate da bendición, beixar a cruz e dar a “pax tecum” nas casas dos barrios inmediatos, Pombal de Santa María de Liñares, lugar do Monte de Santiago de Tortoreos, a Roda e Costoya de San Adrian de Meder e a Salgosa de San Paio de Fiolledo.

Nesta xuntanza pastoral felicitábanse as Pascuas e falaban das encomendas recíprocas.Tamén sería propio compartir o artesán Bolo de Pascua”, que se facía en cada fogar a base de fariña, ovos e mel, para agasallar ós seus párrocos no día grande, no que as humildes casas eran fregadas e perfumadas con herbas aromáticas.

ABADES
Xuntanza de Abades diante da capela de Corzáns anos 20. Don Juan de Tortoreos, Don Enrique e seu tío Don Evaristo Senra de Taboexa e Don Manuel de Leirado con outros señores (Blog de A. Míguez)

O “Bolo de Pascua” viña a ser unha lambetada, parente da pasteleira Rosca de Pascua e de Reis, que leva unha faba e figuriña de rei escondidas, coa mensaxe: “Si é faba o que topes, este postre pagarás; máis si topas a figura, coroado rei serás”. Ritual imitado das festas Saturnais da Roma clásica, cando escondían unha faba dentro de tortas redondas, e quen a topase era nomeado “Rei da Faba”, sinal de mala sorte.

ALMIÑAS DE GUMARO

Almiñas de Gumaro
Almiñas de Gumaro

Outra pedra, que non tivo a mesma sorte de conservarse, era as ALMIÑAS DE GUMARO, víctima da codicia ou ruindade de algunos desaprensivos, que no ano 2004  atrevéronse a espoliar. Era un monumento relixioso típico do rural galego, símbolo da ancestral e misteriosas “encrucilladas”, das que falan Castelao e Taboada Chivite.

Resulta inexplicabel que alguén tivese a osadía de roubalas, ignorando a carga simbólica e histórica deste lugar, onde tiña a sua razón de ser, un camiño fundo preto do barrio da Carqueixa.

Completaba o monumento unha pedra troncocónica de anclaxe, das usadas como peso das lagaretas, e máis outra piedra esferoidal, que servía de asento ao camiñante onde poder descansar e reflexionar a premonitoria sentencia da inscripción: “como te ves me vi, como me ves te verás”.

Pola dedicatoria sabemos que foi costeada por ANTONIO CERDEIRA, ano 1799. Ata fai poucos anos algúns veciños turnábanse para levar un farol encendido e viven persoas que recordan promesas de vir de rodillas dende os eidos as “almiñas”.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s